Saltar ao contido

Arde Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arde Madrid
XéneroDrama Comedia
Escrito porAnna R. Costa e Paco León
Dirixido porAnna R. Costa e Paco León
País de orixeEspaña
Temporadas1
Episodios8
Emisión orixinal
Canle de orixeMovistar+
Na rede
https://ardemadrid.movistarplus.es/
IMDB: tt7684260 Filmaffinity: 671851 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Arde Madrid é unha serie de televisión que conta con 8 episodios de 30 minutos de duración. Está odada en branco e negro cun guión de Paco León e Anna R. Costa, quen tamén dirixen todos os episodios. Nela nárrase a vida da actriz norteamericana Ava Gardner cando viviu en Madrid dende 1961 a 1967, na que os verdadeiros protagonistas son o seu servizo doméstico: Ana Mari e Manolo. A través desta parella amósanse as contradicións entre o atrasado pensamento da sociedade española durante o franquismo, fronte as novas ideas do mundo representadas na serie na figura da actriz norteamericana.[1]

Madrid, 1961. Ana Mari é unha solteirona, coxa, franquista e instrutora da Sección Feminina. Por orde de Franco, recibe o encargo de ir a traballar de criada a casa de Ava Gardner coa intención de axexala. Para iso ten que finxir estar casada con Manolo, un buscavidas que se converterá no chofer da actriz americana. Manolo intentará aproveitar a súa posición para os seus negocios con clans xitanos implicando a Ana Mari e ao seu irmán esquizofrénico Floren. Ata tal punto que entre eles xurdirá unha relación máis que íntima. Xunto á moza doncela Pilar, asistirán ás continuas festas que Ava e o seu círculo gozaban a diario nesa Dolce Vita madrileña reservada para unha elite. Festas que acabarán cos nervios dos veciños de abaixo, nada máis e nada menos que o Xeneral Perón e a súa esposa Isabelita recentemente exiliados da Arxentina.[2]

Personaxes principais

[editar | editar a fonte]

Ana Mari

Solteirona de trinta e pouco, virxe, coxa, católica e franquista. Ana Mari é instrutora na Sección Feminina de Pilar Primo de Rivera. Por orde do mesmo Franco encárganlle ir a traballar á casa da estrela de Hollywood Ava Gardner, coa intención de espiala a ela e ao seu contorno. Pero a actriz solicitara un matrimonio para chofer e criada e os altos mandos da Sección Feminina buscáronlle un home, Manolo, co que finxirán seren un matrimonio. Ao longo dos oito capítulos Ana Mari será testemuña e partícipe do inimaxinable para ela. Aínda que a maneira de vivir da súa señora está nas antípodas do que é Ana Mari, xamais a xulga nin a critica. É clara e concisa. Finalmente verase influenciada por Ava e o seu xeito de entender a vida. Experimentará o que é convivir cun home e verase obrigada a tomar decisións que lle removerán os seus sólidos cementos ideolóxicos.[3]

Manolo

Atractivo, buscavidas, de arredor duns corenta anos de idade. Manolo non dubida ningún segundo cando lle ofrecen traballar de chofer para Ava Gadner. Mesmo que para iso teña que finxir estar casado con Ana Mari. Manolo é un soñador que se mete nos baixos fondos do contrabando coa ilusión de dar cun golpe de sorte na vida e ascender socialmente. Desexa pertencer a esa elite de ricos e artistas que poden e saben gozar da vida. Con todas e con ningunha, ese é o seu espírito. Aínda que, a convivencia con Ana Mari suporalle unha nova maneira de relacionarse coas mulleres e chegará ata lugares emocionais polo de agora descoñecidos para el.[4]

Ava Gadner

Muller fermosa, intelixente, sexy e libre. Ava procura facer en cada momento o que lle peta. Non lle gustan as ataduras de ningún tipo, nin as afectivas nin as profesionais. Instalouse en Madrid fuxindo do seu marido Frank Sinatra, de la Metro Goldywn e dos periodistas que non deixaban de seguila e facerlle a vida imposible. O seu tempo en Madrid converteuse nunha especie de oasis, onde o seu único obxectivo foi divertirse. Apaixonáballe o flamenco, os touros, os toureiros, o baile, comer e deitarse moi tarde, a poder ser acompañada. Ava vive coma “un home libre e sen compromisos”. Nada ten que ver a súa vida coa de calquera muller española da época. A través dos seus criados e o seu asistente persoal vémola nos seus momentos de sociedade e intimidade, de ira e fraxilidade, de euforia e soidade.[5]

Intérpretes

[editar | editar a fonte]
  • Inma Cuesta - Ana Mari
  • Paco León - Manolo, chofer de Ava Gardner
  • Debi Mazar - Ava Gardner
  • Anna Castelo - Pilar
  • Julián Villagrán - Floren
  • Ken Appledorn - Bill Gallagher, secretario de Ava Gardner
  • Osmar Núñez - Xeneral Perón
  • Fabiana García Lago - Isabelita Perón

Temporadas e episodios

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Estrea Final Audiencia media
Espectadores Cota
1 8 8 de novembro de 2018

Primeira temporada (2018)

[editar | editar a fonte]
Título
1 "Poco católica"
2 "I love mojama"
3 "Puta paya"
4 "Directo fiesta"
5 "Muy americana"
6 "Más flores que a la virgen"
7 "Dios es Dios y yo soy yo"
8 "What's autorización?"
  1. "Arde Madrid (Serie de TV) (2018)" (en castelán). Consultado o 2019-04-29. 
  2. Movistar+, Originales. "Sobre la Serie. Arde Madrid - Originales Movistar". ardemadrid.movistarplus.es (en castelán). Consultado o 2019-04-29. 
  3. Movistar+, Originales. "Inma Cuesta, Arde Madrid - Originales Movistar". ardemadrid.movistarplus.es (en castelán). Consultado o 2019-04-29. 
  4. Movistar+, Originales. "Paco León, Arde Madrid - Originales Movistar". ardemadrid.movistarplus.es (en castelán). Consultado o 2019-04-29. 
  5. Movistar+, Originales. "Debi Mazar, Arde Madrid - Originales Movistar". ardemadrid.movistarplus.es (en castelán). Consultado o 2019-04-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]